Pilar Cancela pídelle ao goberno que "rache coa opacidade flagrante" sobre o ave no Congreso e explique "que tipo de AVE" quere para Galicia

  • Escrito por La Redacción - Agencias
  • Publicado en Panorama Galicia

A deputada e coordinadora do PSdeG nas Cortes, Pilar Cancela, mantivo esta mañá unha reunión de traballo en Ourense coa deputada Rocío de Frutos e o portavoz municipal, José Ángel Vázquez Barquero / Foto del PSdeG A deputada e coordinadora do PSdeG nas Cortes, Pilar Cancela, mantivo esta mañá unha reunión de traballo en Ourense coa deputada Rocío de Frutos e o portavoz municipal, José Ángel Vázquez Barquero / Foto del PSdeG

A deputada e coordinadora do PSdeG nas Cortes, Pilar Cancela, mantivo esta mañá unha reunión de traballo en Ourense coa deputada Rocío de Frutos e o portavoz municipal, José Ángel Vázquez Barquero, para coordinar iniciativas sobre o AVE a Galicia. Cancela denunciou a “falta de información absoluta e opacidade flagrante” que está a ter o goberno no Congreso e reclamou que “rache con esta opacidade e explique polo miúdo unha pregunta fundamental: que tipo de AVE se está a ofertar para Galicia”.

A socialista explicou que o goberno de España non respondeu a ningunha das preguntas rexistradas por escrito polos socialistas galegos no Congreso, e que moitas delas decaeron por pasarse os prazos de resposta. “Queremos poñer a Galicia no mapa das comunicacións de primeira, e parece que ultimamente temos que poñer en cuestión que Galicia poida recibir o mesmo tratamento doutras comunidades”, criticou Cancela, que esixiu que a comunidade teña “o mesmo modelo de AVE e a mesma vía” que o resto de territorios.

A deputada lembrou que o grupo socialista no Congreso xa pediu a comparecencia do ministro de Fomento para que explique estas características, así como o cadro orzamentario de partidas concretas que porán sobre a mesa nos anos que restan, xa que “os compromisos políticos son tanxibles a través dos orzamentos”, dixo. Tamén pedirán unha explicación sobre os prazos previstos, xa que as previsións reais indican que o AVE non estará rematado como mínimo ata 2022.

Pilar Cancela lamentou que o presidente da Xunta só busque “facer a foto” sen concrecións e pediu tamén explicacións sobre osproxectos para as estacións intermodais das cidades galegas. Anunciou ademais que presentarán emendas aos Orzamentos Xerais para tratar de recuperar os 600 millóns menos ao ano que o goberno central destina a Galicia con respecto a cando gobernaban os socialistas, e lamentou que o PP “xa está empezando a preparar a súa defensa para acusar á oposición cando o AVE non se execute”. Cancela lembrou que os populares teñen pouca desculpa tras ter gobernado con maioría absoluta na pasada lexislatura, e con decisións tomadas para Galicia como a prórroga de Ence por 60 anos durante a etapa de interinidade do goberno.