El Periódico | 1886
     Suscríbase gratis
actualizado 12:45 PM UTC, May 26, 2017

Leiceaga solicita a comparecencia de Marta Fernández Currás e Fernández Ordoñez

  • Escrito por La Redacción - Agencias
  • Publicado en Panorama Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga / EFE / ARCHIVO O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga / EFE / ARCHIVO

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, instou hoxe ao PP a aceptar as propostas “razoables” de novas comparecencias e nova documentación na Comisión de Investigación das Caixas. O responsable socialista chamou a aproveitar a “segunda vida” deste órgano para “chegar ao fondo” e resolver, nun prazo de seis meses, os puntos escuros do proceso de privatización e venda das entidades de aforro galegas.

Apuntou á ex conselleira de Facenda da Xunta, Marta Fernández Currás, xa liberada da “carga” de ser secretaria de Estado de Facenda, ou ao ex gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, que no seu día tivo que comparecer por carta. Tamén solicitou o contrato de José Luis Méndez que deu lugar a unha “indemnización suculenta” pero “sen prexulgar se debe dar lugar a unha nova comparecencia na Comisión.

O responsable socialista solicitou ademais a presenza dos presidentes do FROB, da tamén ex conselleira de Facenda Elena Muñoz, ou do conselleiro do Tribunal de Contas encargado de facer a auditoría das entidades.

Instou a “non adiantar conclusións” e investigar “un pouco máis” sobre a venda de NCG e a súa transformación en banco por parte do FROB a finais de 2013, nun proceso que supuxo un gasto de 9.000 millóns de euros do FROB dos que tan só foron recuperados 1.000. Pregunta “por qué tiveron que facelo daquela e non agardar a 2017”, en analoxía con Bankia, que “continúa coa súa actividade sen ser privatizada”.

Pregunta “por qué se fixo así” cando, lembrou, había sobre a mesa informes que advertían que unha venda anticipaba reportaría “resultados peores que agardando” a que transcorrera o prazo permitido pola UE. Solicita tamén “informes relevantes” sobre as operacións inmobiliarias realizadas polas antigas caixas e que suscitaron que o FROB as trasladara á Fiscalía para aclarar posibles “derivadas penais”.

OPE de Educación

O portavoz socialista criticou ademais o papel asumido por Feijóo como “colaborador necesario das mentiras de Montoro” ao vincular a OPE de Educación aos Orzamentos Xerais do Estado. Así o dixo logo de que o ministro de Educación os desmentira aos dous confirmando que a convocatoria “pode facerse a través dun Real Decreto Lei no Congreso dos Deputados”.

Fernández Leiceaga adiantou hoxe a pregunta ao presidente do Pleno que comeza mañá, na que tratará sobre a convocatoria da Oferta Pública de Emprego para Educación por parte da Xunta.

Denunciou que “no PP están xogando aos pirómanos convertidos en bombeiros” ao utilizar a OPE de Educación para “torear á opinión pública e aos opositores, nunha mostra de filibusterismo gubernamental” coa convocatoria. Nesta comedia, dixo, toman como “reféns” ás comunidades autónomas “coa colaboración do Goberno galego aceptando mansamente tódalas trampas e argucias de Montoro”.

O portavoz socialista dixo que a convocatoria pode realizarse en base aos orzamentos de 2016 xa que están prorrogados e polo tanto vixentes, nos que se fixaba unha taxa de reposición do cen por cen. Así o demostra que o País Vasco teña convocado a Oferta Pública de Emprego hai máis de un mes sen que o goberno teña recorrido, ao amparo da legalidade e do “rollito de primavera –dixo- entre PP e PNV”.

Aclarou que en calquera caso o goberno pode utilizar o dito Real Decreto Lei para “dinamitar o corsé das taxas de reposición” que impide ás comunidades autónomas mellorar os servizos públicos que teñen que xestionar.