El Periódico | 1886
     Suscríbase gratis
actualizado 5:50 PM UTC, Mar 23, 2017

Más noticias Galicia

Os socialistas reclaman a supresión das taxas de reposición na ope de educación

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que presione ao goberno para que o futuro Real Decreto Lei –RDL- sobre a convocatoria da Oferta Pública de Emprego –OPE- sirva para suprimir as taxas de reposición. O responsable socialista preguntoulle a Feijóo no Parlamento pola “pequena farsa xa desmontada” sobre a convocatoria de oposicións.

Os socialistas esixen a revisión do criterio histórico nas cotas de pesca, unha "decisión política" que "leva á ruína" ao sector

A portavoz de pesca do grupo socialista, Loli Toja, esixiu hoxe na comparenecia da conselleira a revisión do criterio histórico no reparto de cotas, xa que o sector se enfronta a “querer traballar e non poder” por unha “decisión política” que trae “graves dificultades económicas” e que o leva “á ruína”. A socialista reclamou tamén “un esforzo” para que o Brexit poida supoñer “novas oportunidades” para Galicia na pesca, e lamentou que as rías galegas estean “nun estado lamentable impropio deste século” con graves advertencias da Unión Europea.

Os socialistas sinalan que a "mala xestión" do rural galego por parte do Goberno provocou a perda de 1.100 explotacións gandeiras en dous anos

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, criticou hoxe a “mala xestión” das políticas do goberno galego dirixidas ao Medio Rural. Na comparecencia da conselleira para dar conta das súas medidas, lembrou que a súa xestión provocou a perda de case 1.100 explotacións gandeiras en case dous anos.

Os socialistas reclaman que a Xunta modifique o funcionamento dos tribunais de selección das oposicións

O portavoz de función pública e administración autonómica do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, instou hoxe á Xunta a retomar a Mesa Xeral de Negociación de Emprego Público e retomar o diálogo paralizado en 2016 para poñer en marcha novas instrucións de funcionamento e actuación dos tribunais de selección autonómicos. O socialista lembrou que hai un “conxunto de fallos xudiciais que están poñendo en evidencia a imparcialidade, a obxectividade e a seguridade xurídica dos procedementos de selección de persoal” en Galicia.

A Xunta licita un contrato de máis de 45 millóns para la limpieza de edificios administrativos que deixa fóra as pemes galegas

O portavoz de función pública e administración autonómica do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, reuniuse esta mañá coas catro asociacións provinciais de Galicia dos empresarios de limpeza de edificios e locais. O socialista denuncia que a Xunta vén de licitar un contrato de máis de 45 millóns de euros para a limpeza dos edificios administrativos sen división en lotes, o que “impide que as pemes galegas do sector poidan participar nestas licitacións”.

XSG: “Se Feijóo quere subvencionar a Red Madre que o faga cos seus propios cartos e non cos dos galegos e galegas”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) saíron hoxe ao paso da información publicada polo diario Galicia Confidencial en relación ás escandalosas subvencións públicas recibidas pola Asociación Red Madre que o seu único cometido é atacar o dereito recoñecido das mulleres a decidir sobre o seu corpo.

Os socialistas pedirán no Parlamento a colaboración da Xunta na rehabilitación e nomeamento como bic do parque do pasatempo

O deputado socialista Juan Díaz Villoslada reclama a colaboración económica da Xunta na rehabilitación do Parque do Pasatempo de Betanzos e a súa posterior declaración como Ben de Interese Cultural. Tras a negativa inicial do goberno galego, o responsable socialista levará agora ao parlamento unha serie de iniciativas para instar a recuperar este monumento de máis de 9 hectáreas construído entre 1893 e 1914 por Juan García Naveira.

XSG: “As políticas educativas do PP atentan contra as bases da democracia e a igualdade de oportunidades”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) consideran que é imprescindible forzar ao diálogo ás forzas da dereita, moi proclives ás declaracións estéticas que deixan sen solucionar os problemas dos estudantes, polo que apoian a convocatoria da Folga Xeral de Educación e se suman ás súas esixencias.