Más noticias Galicia

Os socialistas faran "unha emenda á totalidade" dos orzamentos xerais, que ven "unha oportunidade perdida"

Os deputados pola provincia da Coruña no Congreso, Pilar Cancela e Ricardo García Mira, e o secretario provincial, Julio Sacristán, criticaron esta mañá o “agravio histórico” que supoñen os Orzamentos xerais para Galicia e para A Coruña, os peores dos últimos anos e cunha baixada de máis do 24% na provincia. Os socialistas lembraron que as partidas para a provincia este ano son unha terceira parte do que se destinou no último ano do PSOE no goberno de España. Se fosen coherentes co que dixeron, “os deputados coruñeses do PP terían que votar en contra”, din.

Os socialistas critican a creación da axenca galega da industria forestal

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou que o goberno galego teña utilizado a Lei de Acompañamento para crear “pola porta de atrás” a Axencia Galega da Industria Forestal. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Industria sobre unha decisión que “serviu para quitarlle a xestión do monte a Medio Rural e dárllelo ao departamento de Industria”.

A xunta "blinda" os concertos educativos para "restrinxir a limitación de gasto ao ensino público"

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, sinalou hoxe que a orde que regula os concertos educativos ata 2022 “non é nin medio racional”. Sinalou que o obxectivo é “blindar” os concertos para concentrar os recortes no ensino público e suprime o baremo de coeducación, nunha política que corresponde á “estrema dereita”.

Noela Blanco: "Seguimos notando tintes da programación de Mamachichos na televisión de Galicia"

A deputada socialista Noela Blanco instou esta mañá ó goberno galego a implantar na CRTVG unha programación que defenda un “modelo social máis igualitario”, recordando que “os medios de comunicación públicos teñen que ter un papel fundamental na redución de estereotipos entre homes e mulleres”.

Os socialistas denuncian o veto da TVG nas causas xudiciais que afectan ao presidente do Consello Consultivo

A portavoz de Xustiza do grupo socialista, Patricia Vilán, denunciou hoxe un “novo veto” da televisión pública nas informacións referidas ás causas xudiciais que afectan ao presidente do Consello Consultivo, José Luis Costa Pillado. A socialista preguntou os criterios para “ocultar á cidadanía galega calquera crítica” ao representante do máximo órgano de control da legalidade en Galicia.

Os socialistas preguntan no Parlamento polos cinco festivais galegos de cine que quedaron sen subvención do agadic este ano

A portavoz de Cultura do grupo socialista, Concepción Burgo, preguntaralle ao goberno galego no Parlamento polo feito de que “cinco dos máis importantes festivais de cine de Galicia non teñan subvención do Agadic en 2017”. Burgo lembra que o Festival de Cans queda sen ningunha axuda “por primeira vez en catorce anos”, e tampouco reciben nada Curtocircuito, Cineuropa, Freakemacine e Primavera de Cine, “alegando un defecto de forma na entrega da documentación”, unha decisión da Xunta “moi grave” para o sector.

Os socialistas proporán no Parlamento un plan de incentivos para fomentar o relevo xeracional no traballo autónomo

O deputado socialista Abel Losada vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento para reclamar que a Xunta presente nun prazo de tres meses “un plan de fomento da substitución xeracional no traballo autónomo”, cunha análise previa do impacto dos autónomos na economía galega e que atenda de forma prioritaria á xente moza e os colectivos máis vulnerables. O plan proposto polos socialistas tería “incentivos e medidas de apoio para o traspaso da titularidade no relevo xeracional dun autónomo a un novo emprendedor”.

Os socialistas reclaman unha oficina no Consello de Contas para recibir denuncias confidenciais de corrupción

Os deputados na comisión parlamentaria do Consello de Contas, Begoña Rodríguez Rumbo e Juan Díaz Villoslada, presentaron esta mañá as 14 propostas de resolución e as outras 14 recomendacións rexistradas polo grupo socialista tras o último informe do ente fiscalizador. O obxectivo é acadar un “maior nivel de transparencia” e reforzar as competencias en prevención de corrupción do Consello, que lle foron outorgadas na modificación da lei en 2015, como explicou Rodríguez Rumbo. Entre as recomendacións inclúen a reclamación dunha oficina para recibir denuncias confidenciais sobre posibles casos de corrupción.

Os socialistas reclaman a supresión das taxas de reposición na ope de educación

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que presione ao goberno para que o futuro Real Decreto Lei –RDL- sobre a convocatoria da Oferta Pública de Emprego –OPE- sirva para suprimir as taxas de reposición. O responsable socialista preguntoulle a Feijóo no Parlamento pola “pequena farsa xa desmontada” sobre a convocatoria de oposicións.