Más noticias Galicia

A Xunta licita un contrato de máis de 45 millóns para la limpieza de edificios administrativos que deixa fóra as pemes galegas

O portavoz de función pública e administración autonómica do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, reuniuse esta mañá coas catro asociacións provinciais de Galicia dos empresarios de limpeza de edificios e locais. O socialista denuncia que a Xunta vén de licitar un contrato de máis de 45 millóns de euros para a limpeza dos edificios administrativos sen división en lotes, o que “impide que as pemes galegas do sector poidan participar nestas licitacións”.

XSG: “Se Feijóo quere subvencionar a Red Madre que o faga cos seus propios cartos e non cos dos galegos e galegas”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) saíron hoxe ao paso da información publicada polo diario Galicia Confidencial en relación ás escandalosas subvencións públicas recibidas pola Asociación Red Madre que o seu único cometido é atacar o dereito recoñecido das mulleres a decidir sobre o seu corpo.

Os socialistas pedirán no Parlamento a colaboración da Xunta na rehabilitación e nomeamento como bic do parque do pasatempo

O deputado socialista Juan Díaz Villoslada reclama a colaboración económica da Xunta na rehabilitación do Parque do Pasatempo de Betanzos e a súa posterior declaración como Ben de Interese Cultural. Tras a negativa inicial do goberno galego, o responsable socialista levará agora ao parlamento unha serie de iniciativas para instar a recuperar este monumento de máis de 9 hectáreas construído entre 1893 e 1914 por Juan García Naveira.

XSG: “As políticas educativas do PP atentan contra as bases da democracia e a igualdade de oportunidades”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) consideran que é imprescindible forzar ao diálogo ás forzas da dereita, moi proclives ás declaracións estéticas que deixan sen solucionar os problemas dos estudantes, polo que apoian a convocatoria da Folga Xeral de Educación e se suman ás súas esixencias.

Os socialistas denuncian o incumplimiento da lei de transparencia polo goberno galego

O responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, acusou hoxe ao goberno galego de incumprir a Lei de Transparencia aprobada no Parlamento a comezos do ano pasado. O parlamentario socialista presentou unha pregunta na Comisión Institucional logo de evidenciar que a Xunta non publicou ningún informe sobre o cumprimento dos acordos parlamentarios.

O Ministerio de Turismo enfría a euforia da Xunta cos datos de turismo internacional ao ser a que menos aumenta con respecto á media

O portavoz de Comercio e Turismo do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, respondeu hoxe á euforia do goberno galego polos datos do turismo internacional coas cifras oficiais do INE –Frontur- publicados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, polos que Galicia está á cola do Estado no ano 2016.

Os socialistas esíxenlle á Xunta que cumpla a lei e garanta as visitas ao pazo de Meirás cando menos catro días ao mes

A portavoz de Cultura do grupo socialista, Concepción Burgo, vén de rexistrar no Parlamento varias iniciativas para esixirlle á Xunta que cumpra coa obriga legal recollida na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e garanta a visita pública gratuíta ao Pazo de Meirás cando menos catro días ao mes. Burgo lembra que desde que o pazo foi declarado BIC, a familia Franco “non fixo outra cousa que poñer impedimentos”, e afirma que “non poden permitirse actitudes que semellan un trato de favor á familia Franco” por parte da Consellería de Cultura.

Os socialistas consideran "vergoñenta" a resposta da CRTVG á condena do TSXG por vulvenar o dereito á conciliación laboral dunha traballadora

A deputada socialista Noela Blanco considerou hoxe “vergoñenta” a resposta do director xeral da CRTVG á condena por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por vulnerar o dereito á conciliación laboral dunha traballadora que pedía o cambio de xornada. Blanco preguntou por este caso na Comisión da CRTVG, ao que o responsable do ente respondeu anunciando un recurso contra a sentenza.

Os socialistas denuncian "censura" e "manipulación informativa" da CRTVG no tratamento á situación do Consello Consultivo

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, denunciou hoxe o exercicio de “censura” e “manipulación informativa sistemática” por parte da CRTVG, nomeadamente no relativo á situación do Consello Consultivo. Na Comisión da CRTVG, Vilán preguntou pola decisión de obviar a petición de dimisión do presidente polo “dano irreparable” que lle fai ao órgano.