Más noticias Galicia

Os socialistas reclámanlle a Xunta solucións para os emigrantes retornados que sofren impagos de Venezuela

O portavoz de emigración e política exterior do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, trasladoulle ao goberno galego a situación “cada día máis dramática” que están a sufrir os emigrantes retornados, xa que o goberno de Venezuela non está a facer fronte aos pagos destes pensionistas e xubilados desde principios do ano 2016. Villoslada reclamou “solucións urxentes” para un colectivo con máis de 3.500 afectados en Galicia, xa que esta situación pode ocasionar “serios problemas de subsistencia e emerxencia social”.

O Parlamento aproba unha proposta socialista para esixir unhan solución aos problemas da Edar de Ribeira

A Comisión de Obras Públicas e Medio Ambiente do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para esixir unha solución á Edar de Couso, en Ribeira, antes do verán. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, urxiu á conselleira de Medio Ambiente a que cumpra co seu compromiso cos veciños e visite as instalacións canto antes.

Os socialistas piden explicacións á Xunta pola venda das centrais de Ferroatlántica e que se garanta a súa actividade industrial

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, e a deputada da Costa da Morte Loli Toja reuníronse esta mañá en Dumbría cos representantes do comité de empresa e traballadores das centrais de Ferroatlántica e cos alcaldes da zona. Leiceaga instou á Xunta a “dar unha explicación aos veciños, ao comité e aos alcaldes” despois de que a empresa propietaria das centrais, Ferroglobe, lles teña comunicado á bolsa neoiorquina e londinense a súa venda a unha empresa canadiense. O socialista pediu que o goberno galego “defenda o mantemento dos postos e traballo e a continuidade da fábrica”, que pasa porque “as centrais hidroeléctricas sigan ligadas á actividade industrial”.

Os socialistas acusan ao PP de desprotexer aos traballadores galegos

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou hoxe ao PP de “desprotexer” aos traballadores galegos. Así o dixo logo de que rexeitaran unha proposta socialista para mellorar a prevención de riscos laborais. Galicia padece o 5 por cento dos accidentes laborais e o 10 por cento dos mortais de todo o Estado, a pesares de traballar 3 millóns de horas semanais menos.

Patricia Vilán: "O veto ás infraestruturas xudiciais evidencia o engano de Feijóo"

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao PP de “poñer en evidencia as mentiras de Feijóo” con respecto aos compromisos acadados co ministro de Xustiza para atender ás necesidades dos xulgados e tribunais de Galicia. O PP vetou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista que demandaba executar en 2017 os investimentos pendentes do Plan de Infraestruturas Xudiciais 2010 – 2015.

Os socialistas reclaman un plan de axudas para paliar os danos provocados polos temporais

O responsable da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Juan Díaz Villoslada, instou hoxe ao Goberno galego a ofrecer un balance dos danos ocasionados polos temporais “tan pronto como sexa posible”. Os socialistas galegos anuncian unha batería de iniciativas para reclamar un plan de axudas que afronte os danos ocasionados pola meteoroloxía.

Cancela: "Esiximos no congreso que o Goberno destape de todo o engano do AVE"

A deputada Pilar Cancela anuncia unha nova batería de preguntas dos socialistas galegos no Congreso nas que pedirán que o goberno “destape de todo o engano” do AVE a Galicia, no que Fomento e Feijóo “van asomando a patiña e reculando, pero non son quen de admitir a gravidade do agravio pola súa falta de execución nos últimos anos”. Por iso esixirán que aclaren no Congreso se a nova data, “que tampouco se cumprirá”, é a marcada para ter “un AVE real ou un sucedáneo sen todos os tramos rematados e cunhas características de vía na comunidade que non é compatible cos trens AVE que circulan polo resto de España”.

Os socialistas reclaman regular acción exterior da Xunta con rango de lei

O portavoz de Política Exterior do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, reclamoulle hoxe ao goberno galego que consensúe unha Lei para regular a acción exterior da Xunta. Así o dixo durante un encontro co director xeral de Relacións Exteriores, a quen lle reclamou “claridade sobre as prioridades, calendario e obxectivos estratéxicos” da axenda internacional do goberno galego.

Os socialistas esíxenlle "firmeza" ao goberno galego para esixir a chegada do AVE a Galicia en 2018

O deputado do Grupo Socialista, Abel Losada, esixiulle hoxe ao goberno galego “unha posición de firmeza” fronte ao goberno central para manter o compromiso da chegada da alta velocidade ferroviaria a Galicia en 2018. Os socialistas presentaron unha moción, que será debatida no próximo Pleno do Parlamento, para que o goberno galego lle esixa a Rajoy que cumpra co seu compromiso.