Leiceaga advirte a Feijóo que "non ten nada do que presumir e moito do que preocuparse" con 136.700 personas menos trabajando que en 2009


O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, sinaloulle hoxe ao presidente da Xunta que “non ten nada do que presumir e si moito do que preocuparse” logo de constatar que hoxe hai 136.7000 persoas menos traballando que en 2009. O responsable socialista levou os “dramáticos” datos de paro de Galicia á sesión de control ao presidente, celebrada hoxe no Parlamento.

Fernández Leiceaga sinalou que os últimos datos da EPA que dan unha “clamorosa chamada de atención á súa política laboral e, por extensión, económica”, e “certifican outra vez o seu fracaso”. No último ano, dixo, o ritmo de crecemento do emprego é a metade do español, e o descenso no paro nin sequera chega a tanto, ficando no 40 por cento da media.

O portavoz socialista reclamoulle a Feijóo que “abandone esa mala praxe parlamentaria de facer oposición da oposición” para comezar a “discutir sensatamente o que está sucedendo”. Afeoulle así a súa tendencia a “emborracharse coas cifras” para agochar que mentres España xa igualou o nivel de paro de 2009, Galicia está un 35 por cento por enriba con, reiterou, 136.700 ocupados menos.

Alertou ademais de que, ao ritmo do último ano, España tardará dous anos en recuperar o nivel de emprego de 2009, mentres Galicia necesitará “outros 11 anos”, mentres “a sociedade galega non pode agardar, a mocidade debe ter outras expectativas, e o custe das pensións será insoportable”.

Fernández Leiceaga acusou ao presidente da Xunta de incumprir o seu contrato con Galicia de 2009, no que se comprometía a ofrecer “emprego para todos”, mentres polo momento se queda á metade do seu compromiso de investidura de crear entre 80 e 100.000 empregos en toda a lexislatura. Desafiouno a asegurar que “cando deixe a Presidencia en 2020 teremos o emprego de 2009”.

Explicou que “algo están facendo mal” cando o crecemento económico do 3 por cento tradúcese en tan só un 1 por cento de creación de emprego. Sinalou que, de ter acdado un comportamento semellante á media estatal, Galicia tería 85.400 empregos máis, dándolle traballo a tódolos parados de máis de dous anos, e 46.400 parados menos, eliminando o paro da mocidade entre 25 e 34 anos.

O portavoz socialista responsabilizou ao presidente da Xunta da “grande diverxencia con España en materia de emprego” que, engadiu, “se agranda dende que o señor Conde é conselleiro de Economía.

Mocidade

Fernández Leiceaga sinalou ao comportamento do emprego na mocidade, onde “tamén é peor que en España”, cunha taxa de paro que pasou dun 16,9 ata un 23,5 por cento. Ademais, dende a súa chegada á Xunta, “perdemos un 43 por cento de emprego xuvenil –fronte ao 35 por cento de España- e no último ano o emprego dos mozos e mozas caeu un 4,4 por cento”.

Criticou que a súa única proposta sexa un Programa de Garantía Xuvenil que “non se atreven a presentar porque non poden dar as cifras” que evidencian un “absoluto fracaso” que demostra a súa incapacidade de xestionar con axilidade os fondos europeos destinados a paliar o desemprego da mocidade.